Benvid@!

Somos unha plataforma de empoderamento das parroquias do rural galego. A través do método da fotografía e vídeo participativo queremos dar voz propia aos piares que sosteñen o rural, especialmente aos máis cativos e maiores, axudándolles a comunicarse entre si e a compartir aquilo que os fai únicos. Trátase de explorar e pór en valor o autocoñecemento e o concepto de legado: aquilo que queda e que nos fai medrar como sociedade, a transmisión de ideas e costumes, xeitos de ver a vida, ás xeracións vindeiras. Este legado quedará ademais rexistrado nas plataformas Instragam e Youtube para que poida ser visto nesta aldea global que é o mundo. O noso medio de expresión será o audiovisual, de xeito que nos cursos de formación os alumnos aprenderán recursos comunicativos para (re)transmitirse.

Queremos ser #RuralInfluencers!

Estamos traballando en…

  • No programa de Onda Cero Galicia ‘Gente Viajera de Galicia’ difundimos o noso traballo na sección #RuralInfluencers e en cada programa visitamos e poñemos en valor unha aldea do rural galego e damos a coñecer aos seus persoeiros.
  • Estamos comezando co proxecto piloto da formación audiovisual na parroquia de Cela (Bueu, O morrazo – Pontevedra) para poder amosar un traballo de fin de obradoiro tanto nesta plataforma web como nas plataformas principais de difusión: instagram e youtube. Temos o precedente dun proxecto anterior realizado para o departamento de Cultura do Concello de Bueu (www.freguifestasbueu.gal) onde se traballou cos veciños na compilación e posterior recreación de fotos antigas das festas das aldeas.
  • Para financiar o proxecto queremos sacar unha liña de merchandising fresca e innovadora, acorde coa liña estética do proxecto e que servirá para difundir a palabra #RuralInfluencer.

Podcast emitidos

Velaquí os programas de #RuralInfluncers emitidos esta primavera no ‘Gente Viajera de Galicia’.

PGM1 /// Bueu e as súas parroquias (Pontevedra)

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/gente-viajera/rural-influencers_201905135cd95d1b0cf209297f162115.html

PGM2 /// Allariz (Ourense)

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/gente-viajera/rural-influencersa-allariz_201905275cece76a0cf2dfa57835bdc6.html

PGM3 /// Barcia – Melón – Ribadavia (Ourense)

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/gente-viajera/melon-e-as-suas-pozas-para-vivir-como-autenticos-rural-influencers-con-alba-sotelo_201906175d07b3090cf2165aa88977c7.html

PGM4 /// Especial fin de tempada: #RuralCuchipanda

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/gente-viajera/vivimos-unha-ruralcuchipanda-con-alba-sotelo-e-polo-correo-do-vento_201907015d1a0ac20cf27fe1b55d0abd.html

As nosas plataformas de comunicación

A nosa intención é canalizar o contido xerado en cada obradoiro nas plataformas Instagram e Youtube. Ademais dese contido específico, estamos traballando na creación de seccións temáticas periódicas: #SabarigoFarmer (o mestre horticultor Gerardo García daranos consellos sobre a terra e remedios naturais), #Amighos (o xornalista preadolescente Alfredo Fernández entrevistará a grupos de maiores cun vínculo de amizade) e #RuralZen (Lucía Lourido, entrenadora en felicidade, daranos consellos sobre meditación e natureza).

Presentación candidatura Pont-Up Store 2019

Este ano presentámonos ao Stand, Actividade (Podcast en directo) e Puntazo Express da feira de emprendemento Pont Up Store 2019 organizada pola Universidade de vigo.

https://pontupstore.com/web/gl/


Sobre min

Son Alba Sotelo, directora do Galician Rural Lab. Son fotógrafa de vocación e poeta de corazón: combino a miña paixón pola fotografía coa de narrar historias. Considérome unha profesional multidisciplinar ou “todoterreo” con maís de dez anos de experiencia e cuxa máxima aspiración é poder traballar en cinema, especialmente no campo do guión inda que tamén me apaixoa o fotoxornalismo. Formo parte da promoción 2006-2010 da Licenciatura en Comunicación Audiovisual e da primeira promoción do Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais, ambos pola Universidade de Vigo. Son activista cultural na miña vila: Bueu onde formo parte da directiva do Cineclub Bueu e da Asemblea Feminista ‘As patelas’.

Quero que o proxecto do Rural Lab medre paseniño e, nun futuro próximo poder crear unha cooperativa cos diversos colaboradores do proxecto, xa que é aberto e adaptable á intervencións doutros fotógrafos e vidéografos, guionistas e escritores, narradores orais, sonidistas e músicos.

O Rural Lab é unha oportunidade de reconvertir a miña carreira audiovisual cara un proxecto social.

Webs de refencia

https://albasotelo.wordpress.com/

http://www.freguifestasbueu.gal

https://www.instagram.com/alba_sotelo/


Participa!

Queres recibir máis info sobre o Galician Rural Lab?

Estas interesad@ en desenvolver un obradoiro na túa parroquia?

Tes algunha proposta?

Todos os dereitos reservados © Galician Rural Lab / Alba Sotelo